InicioDeportesCafés Candelas patrocina ao C.B. Breogán por cuarta tempada consecutiva

Cafés Candelas patrocina ao C.B. Breogán por cuarta tempada consecutiva

PUBLICADA O

- Advertisement -

Cafés Candelas e Club Baloncesto Breogán asinaron esta mañá o acordo de patrocinio para a tempada 2018-2019 nun acto celebrado na sede da empresa lucense, en O Ceao. A marca seguirá dando nome ao club. Será a cuarta campaña consecutiva que Cafés Candelas patrocine ao equipo breoganista, é dicir, dende a tempada 2015-2016. De feito, Cafés Candelas expresa a “enorme satisfacción de acompañar ao Breogán e a súa espectacular afección no camiño cara a elite”. O Breogán xa superou os 4000 abonados para a Liga ACB 2018-2019. 

Andrés Alonso, directivo de Cafés Candelas, subliña que “confía plenamente na plantilla, no equipo técnico e na directiva”, así como “a afección, esa marea celeste que da mostras día a día de estar ao más alto nivel”.

A empresa lucense asegura que “apoiou ao club celeste para cumprir as condicións que esixe xogar na Liga Endesa ACB”. Explica que “colaborou na captación de novos fondos”. 

Suso Lázare, presidente do Club Baloncesto Breogán, agradeceu que Cafés Candelas estivo “nas malas e nas duras”, así como subliñou o “orgullo de contar con ela”. “Sei que para Candelas é un esforzo”, afirmou.

Cafés Candelas adiantou que “desenvolverá unha serie de actividades de dinamización do club celeste e da súa afección” e nunha “serie de novedosas iniciativas”.

Cafés Candelas tamén patrocina a Durán Maquinaria Ensino Lugo, equipo que xogará na máxima categoría do baloncesto feminino español a vindeira tempada.

 

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...