O Dépor gañou na presentación do Lugo (1-2)

Os capitáns de ámbolos dous equipos co cuarteto arbitral. Foto de cdlugo.com

O Real Club Deportivo da Coruña gañou ao Club Deportivo Lugo (1-2) no XXXV Memorial Manolo Martín con recaudación benéfica en prol do Banco Farmacéutico de Galicia. 

O Dépor adiantouse cun gol do central albivermello José Carlos en propia porta no minuto 37 despois dun centro de Diego Caballo. Seis minutos despois, o equipo deportivista marcaba o 0-2 cun cabezazo de Pedro Sánchez a centro de Fede Cartabia.

Na segunda metade, Jona Mejía anotaba o 1-2, á postre, definitivo despois dun centro de Serge Leuko.

O Club Deportivo Lugo xogará o último partido amigable da pretempada o sábado 11 de agosto no campo de Cantarrana de Viveiro contra a Sociedade Deportiva Ponferradina a partir das 19:30 horas.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here