O C.B. Breogán supera os 4000 abonados

Táboa de prezos da campaña de abonados. Foto de cbbreogan.com

O Club Baloncesto Breogán confirmou que xa superou os 4000 abonados de cara a vindeira tempada en Liga ACB. A pasada campaña, en LEB, foron 2900 os abonados do Breogán. “Máis dun 90 %” renovaron o seu carné, segundo confirmou o club.

Segundo o club, deste xeito alcánzase “o primeiro obxectivo marcado polo consello de administración”.

O Club Baloncesto Breogán recibirá no Pazo dos Deportes de Lugo ao Club Joventut de Badalona na primeira xornada da Liga ACB 2018-2019, que está prevista entre o xoves 27 e o domingo 30 de setembro. 

O Breogán confirmou seis fichaxes: o escolta Lucio Redivo, o aleiro Romaric Belemene, así como os pívots Alec BrownEmir Sulejmanovic (cesión prorrogada por parte do Baloncesto Fuenlabrada e cumprirá a súa segunda tempada correlativa como breoganista)Henk Norel e Volodymyr Gerun. No caso de Lucio Redivo, Romaric Belemene, Alec Brown, Henk Norel e Volodymyr Gerun, chegan ao club lucense en propiedade. Ademáis, renovaron o base Ricardo Úriz e o aleiro Johan Löfberg. O base Christian Díaz e os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco teñen contrato en vigor. A continuidade de Quintela está en dúbida, segundo confirmou o novo director deportivo, Quique Fraga. O corpo técnico está formado por Natxo Lezkano como primeiro adestrador, que cumprirá a súa terceira tempada consecutiva, e o novo segundo adestrador é Óscar Lata. 

En pretempada, o Club Baloncesto Breogán xogará o Circuito Movistar de Tarragona contra Baskonia o venres 7 de setembro a partir das 21 horas e ante Gipuzkoa Basket sábado 8 de setembro dende as 20:30 horas. Ademáis, o Breogán debutará en semifinais da Copa Galicia o domingo 16 de setembro.

1 COMENTARIO

  1. […] Cafés Candelas e Club Baloncesto Breogán asinaron esta mañá o acordo de patrocinio para a tempada 2018-2019 nun acto celebrado na sede da empresa lucense, en O Ceao. A marca seguirá dando nome ao club. Será a cuarta campaña consecutiva que Cafés Candelas patrocine ao equipo breoganista, é dicir, dende a tempada 2015-2016. De feito, Cafés Candelas expresa a “enorme satisfacción de acompañar ao Breogán e a súa espectacular afección no camiño cara a elite”. O Breogán xa superou os 4000 abonados para a Liga ACB 2018-2019.  […]

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here