Inicio Deportes O Club Deportivo Lugo cede a Hugo Rama ao C.D. Mirandés

O Club Deportivo Lugo cede a Hugo Rama ao C.D. Mirandés

Hugo Rama, á esquerda, cando fichou polo Club Deportivo Lugo o pasado xaneiro. Foto de cdlugo.com

O Club Deportivo Lugo comunicou a cesión do mediocentro galego Hugo José Rama Calviño ao Club Deportivo Mirandés, equipo de Segunda División B, para a vindeira tempada. O xogador foi fichado o pasado xaneiro polo Lugo procedente do C.C.D. Cerceda, de Segunda B, onde xogou a tempada completa (dende xaneiro cedido polo Lugo) disputando 36 partidos, 34 deles como titular. Ten contrato coa entidade lucense ata 2022.

O mediocentro, de 21 anos, caracterízase pola súa capacidade creativa e combinativa. Formouse nas canteiras do Real Club Celta de Vigo e do Real Club Deportivo da Coruña. Na tempada 2016-2017, acadou o ascenso co Fabril, filial do Deportivo, a Segunda B.

Hugo Rama estaba a realizar a pretempada co Club Deportivo Lugo.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here