O Peluquería Mixta Friol Club Deportivo Lugo comezou os adestramentos de cara a vindeira tempada. Competirán en Segunda División. Hoxe en día, contan con 16 xogadoras e disputarán oito partidos amigables. O adestrador é José Antonio Jul “Josito”, ex xogador do Club Deportivo Lugo. Ángel Villar “Geluco” é o segundo adestrador e Ángel Muñoz é o preparador de porteiros.

O calendario de partidos amigables é o seguinte:

Domingo 12 de agosto contra Viaxes Interrías en Friol.

Mércores 15 de agosto contra o Real Oviedo en Friol.

Sábado 18 de agosto contra Victoria F.C. en Santiago de Compostela.

Domingo 19 de agosto contra S.D. Antas en Friol.

Mércores 22 de agosto contra o Real Oviedo en Oviedo.

Sábado 25 de agosto en Sanxenxo nun torneo contra rivais por confirmar.

Domingo 26 de agosto contra a S.D. Ponferradina en Friol.

Sábado 1 de setembro contra a S.D. Ponferradina en Ponferrada.