Un doblete de Dani Escriche certifica a remontada do Club Deportivo Lugo sobre o Real Oviedo (2-1)

O once inicial do Club Deportivo Lugo en Xove. Foto de cdlugo.com

O Club Deportivo Lugo remontou ante o Real Oviedo (2-1) no partido amigable disputado en Xove. É o primeiro encontro dos lucenses ante un rival da Segunda División. Un doblete do dianteiro Dani Escriche outorgou a vitoria albivermella. Escriche foi traspasado o 16 de xullo á S.D. Huesca, mais permanecerá esta tempada cedido no Lugo.

Daniel Sandoval anotou o 0-1 provisional para o Real Oviedo no minuto 84 despois dun centro de Diegui Johannesson tras xogada previa de Borja Sánchez. Escriche marcou nos minutos 86 e 89 con asistencias de Giorgi Aburjania, nova fichaxe do Club Deportivo Lugo xunto a Borja San Emeterio, e Juan Muñiz, respectivamente.

O lateral dereito Borja San Emeterio e o mediocentro Giorgi Aburjania debutaron como novos xogadores albivermellos.

Carlos Pita retirouse ao borde do descanso con molestias físicas.

O equipo xa está concentrado no Hotel Balneario Laias Caldaria, en Laias (Ourense), até o sábado 4 de agosto.

O vindeiro amigable do Lugo é este sábado 4 de agosto no estadio Reino de León ante a Cultural y Deportiva Leonesa a partir das 19:30 horas. 

O Club Deportivo Lugo presentarase ante os seus seareiros o vindeiro mércores 8 de agosto fronte o Real Club Deportivo da Coruña no estadio Ángel Carro en amigable a prol do Banco Farmacéutico de Galicia. 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here