O C.B. Breogán debutará en Copa Galicia en semifinais o domingo 16 de setembro

A afección do C.B. Breogán durante un partido

O Club Baloncesto Breogán competirá na Copa Galicia sénior masculina, que cumpre a súa trixésimo terceira edición e organizada pola Federación Galega de Baloncesto (FGB). O equipo lucense competirá xunto a Monbús Obradoiro C.A.B., Leyma Básquet Coruña, Club Ourense Baloncesto e Marín Ence Peixegalego.

Os breoganistas debutarán en semifinais o domingo 16 de setembro contra o primeiro clasificado da fase previa, na que os lucenses non competirán ao ser equipo ACB, mesmo caso que o Obradoiro.

A final celebrarase o domingo 31 de outubro. 

O Breogán é o club con máis títulos conquistados, con 11. O seu último entorchado foi en 2009. A pasada tempada, foi finalista.

3 COMENTARIOS

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here