InicioDeportesEste sábado, 130 nadadores competirán no Miño ao seu paso por Lugo

Este sábado, 130 nadadores competirán no Miño ao seu paso por Lugo

A VI Travesía a Nado do Miño Cidade de Lugo, enmarcada no circuíto de augas abertas e organizada polo club PortaMiñá, celebrarase este sábado 28 de xullo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deporte e natureza, nado en condicións únicas. A VI Travesía a Nado do Miño Cidade de Lugo volverá a atraer a nadadores profesionais, afeccionados e curiosos á beira do río. Será este sábado 28 de xullo, nas instalacións dos Robles. A proba está organizada organizada polo Concello e o club PortaMiñá, conta ademais coa colaboración da Deputación de Lugo dentro da súa aposta decidida pola promoción do deporte así como outras entidades privadas.

Este evento, que comprende tres categorías e conta con máis de 130 inscritos, foi presentado polo concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o presidente do Club Natación PortaMiñá Lugo, Fernando Timiraos. A VI Travesía a Nado do Miño Cidade de Lugo terá entre os participantes a campións de España e Portugal. 

No acto de presentación, Fernández puxo en valor o compromiso do goberno local por impulsar este tipo de citas. “Non só contribúen a enxalzar unha modalidade deportiva –dixo o concelleiro–, senón que serven para dar a coñecer a nosa cidade e poñela no calendario deportivo a nivel nacional”. Enxalzou tamén a contorna privilexiada –as augas do río Miño ao seu paso por Lugo– da proba, “moi agardada polas persoas afeccionadas ano tras ano”.

O voceiro municipal lembrou o traballo que realiza o club organizador non só nesta proba, senón ao longo de toda a tempada deportiva. O presidente do PortaMiñá agradeceu o apoio do Concello e deu a coñecer os pormenores da proba.

A Travesía a Nado comezará ás 11:00 horas coa saída da propa popular, sen carácter competitivo, que abrangue unha distancia de 400 metros. Ás 11:30 horas sairán as persoas participantes da distancia de 1.500 metros, deixando para as 12:30 horas a proba raíña, a denominada, pola organización, Minivs, cunha distancia de 4000 metros, e enmarcada no circuíto galego de augas abertas, competición na que están 15 travesías galegas. 

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...