O dianteiro lucense Uxío da Pena marcou un gol co primeiro equipo do Real Club Deportivo da Coruña na vitoria deportivista fronte o Bergantiños F.C. en As Eiróas (0-3). Anotou o segundo gol do equipo dun fermoso cabezazo a centro de Carles Gil no minuto 70. O lucense renovou co Fabril por unha tempada máis despois de marcar 11 goles a pasada campaña en Segunda División B sendo o máximo goleador do equipo na súa primeira experiencia na categoría.
Uxío da Pena afirmou que “calquera deportivista e xogador do filial morre de gañas de xogar no Deportivo” e recoñeceu que está “aproveitando e desfrutando un pouco a situación”.