Inicio Deportes O Dépor cancela a estancia prevista en Vilalba polo “estado” do céspede...

O Dépor cancela a estancia prevista en Vilalba polo “estado” do céspede do estadio de A Madalena

O autobús do Dépor no Hotel Spa Attica 21 de Vilalba. Foto da páxina web do R.C. Deportivo da Coruña.

O Real Club Deportivo da Coruña cancela a estancia prevista en Vilalba (Lugo) entre o domingo 29 de xullo e o venres 3 de agosto polo “estado” do céspede do estadio de A Madalena, “que imposibilita a realización dos adestramentos” programados. O equipo íase a hospedar no Hotel Spa Attica 21.

Vilalba é lugar habitual de pretempada do Dépor dende 1986, onde se concentrou en vinte ocasións ao longo deste período. 

Hoxe en día, a plantilla do Dépor está formada polos porteiros Dani Giménez, Álex Cobo e Przemysław Tytoń; os laterais dereitos Gerard Valentín e Mujaid Sadick; o lateral dereito ou central Eneko Bóveda; os centrais Pablo Marí, Sidnei Rechel da Silva, Fabian Schär; os laterais esquerdos Saúl García e Sebastián Dubarbier; os mediocentros Álex Bergantiños, Pedro Mosquera, Guilherme dos Santos, Edu Expósito, Michael Krohn-Dehli, Celso Borges, Javier Fernández “Bicho” e Carlos López; o extremo diestro Pedro Sánchez; o extremo zurdo Fede Cartabia; o mediapunta Carles Gil; o extremo diestro ou segundo dianteiro Borja Valle; e mailos dianteiros Christian Santos, Diego Rolán e Quique González. O seu primeiro adestrador é Natxo González e o director deportivo é Carmelo del Pozo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here