InicioDeportesJavi López: "Tete Morente é un xogador interesante"

Javi López: “Tete Morente é un xogador interesante”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Javi López, primeiro adestrador do Club Deportivo Lugo, compareceu en rolda de prensa este mediodía.

O técnico catalán afirmou que están traballando na “saída de balón”, “como construír o xogo” e a “organización defensiva”. Tamén subliñou que irán “incorporando algúns” conceptos de xogo nos vindeiros partidos amigables.

O Club Deportivo Lugo xogou o seu primeiro amigable ante o Racing Villalbés o mércores pasado con vitoria por tres goles a cero. “Fixéronse bastantes cousas ben para ser o primeiro partido” e subliñou o “ritmo” do equipo.

Por outra banda, contestou que Tete Morente, extremo esquerdo do Gimnàstic de Tarragona, é un “xogador interesante” que viu “a tempada pasada”, pero recalcou que son cuestións que son competencia de Emilio Viqueira, director deportivo do Lugo.

Sobre a situación da plantilla, respondeu que estarían “máis cómodos” sen os xogadores transferibles para poder traballar con “dous xogadores por posición” porque “algún xogador pode quedar fóra dalgunhas actividades”. “Sábeme mal, pero é así”, comentou. Considera que as saídas debe producirse “canto antes mellor” para as dúas partes.

 

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...