InicioDeportesFélix Julio Sarceda é o novo adestrador do Club Deportivo Lugo Sala,...

Félix Julio Sarceda é o novo adestrador do Club Deportivo Lugo Sala, que competirá en Preferente

PUBLICADA O

- Advertisement -

Félix Julio Sarceda é o novo adestrador do primeiro equipo do Club Deportivo Lugo Sala, que competirá en Preferente Galicia. Félix Sarceda milita en Lugo Sala dende a creación do club en maio de 2014 e actualmente é coordinador deportivo do conxunto lucense. Lugo Sala terá un primeiro equipo por primeira vez na súa historia grazas a un convenio co Club Deportivo Lugo, tal e como confirmara o presidente do Lugo Sala, Marcos Pereira, nunha entrevista neste xornal. 

Félix Sarceda é técnico deportivo nivel II e na Real Federación Española de Fútbol (RFEF), así como monitor de futsal. Traballou no Azkar Lugo F.S. entre 2008 e 2014 sendo adestrador da base dirixindo psicomotricidade, benxamíns, alevíns, infantís, cadetes, xuvenís e no filial; adestrador de porteiros na Escola Terra; e tamén segundo adestrador do primeiro equipo en Primeira División da LNFS. Foi monitor en diferentes campus e director durante tres anos do Torneo de Prebenxamíns da Fundación Azkar.

Segundo Lugo Sala, “dende a xunta directiva encabezada polo presidente, Marcos Pereira, valorouse moi positivamente a traxectoria de Félix Julio e foi a aposta dende o primeiro intre, valorando a súa gran experiencia e formación para liderar este grupo e convertíndoo, porén, no técnico ideal para dar comezo a este novo proxecto dentro da entidade lucense”.

A pretempada comezará o luns 20 de agosto. A plantilla, hoxe en día, está conformada polos xogadores xuvenís Luis Vila, Jorge Pereira “Koke”, Jacobo Costoya, Borja Corral, Óscar Blanco e Luis Carballal, así como os xogadores xuvenís a tempada pasada Yago Núñez e Iker Varela, que remataron a idade xuvenil.

Cómpre lembrar a entrevista a Marcos Pereira, presidente do Lugo Sala, neste mesmo xornal dixital, onde revela ao detalle o proxecto do club.

Marcos Pereira: “Encántanos traballar a base”

 

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...