Emir Sulejmanovic é a segunda renovación do Club Baloncesto Breogán en Liga ACB

Emir Sulejmanovic foi un dos heroes do ascenso á ACB en 2018. Foto de cbbreogan.com

O Club Baloncesto Breogán confirmou a renovación do pívot bosnio Emir Sulejmanovic, que xogará cedido polo Baloncesto Fuenlabrada a vindeira tempada. Será a súa segunda campaña no Breogán despois de xogar 26 partidos o pasado campionato de LEB Ouro promediando 11.4 puntos, 6.7 rebotes, 0.5 asistencias e 0.7 recuperacións para 14.5 de valoración acadando o ascenso directo á ACB e proclamándose campión da Copa Princesa. Tamén formou parte do quinteto revelación da LEB Ouro, segundo a Federación Española de Baloncesto (FEB).

Emir Sulejmanovic, de 23 anos e 2.05 metros, é internacional por Bosnia Herzegovina. Competiu coa súa selección na fase de clasificación para o Mundial 2019. Foi MVP do prestixioso Torneo de L´Hospitalet en 2013 con Union Olimpija Ljubljiana. Xogou no Barça B entre 2013 e 2016 competindo dous partidos de Euroliga co primeiro equipo na tempada 2014-2015. Formouse nas categorías inferiores do Kaarinan Ura Basket finlandés e no Union Olimpija Ljubljana junior. Na campaña 2012-2013, foi xogador do primeiro equipo do Union Olimpija Ljubjliana durante 11 partidos en liga eslovena e 5 en Liga Adriática proclamándose campión da Copa eslovena e sendo subcampión de liga eslovena. En abril de 2015, defende as cores do Orlandina Basket italiano. Na tempada 2016-2017, xogou na Cibona croata. A pasada campaña, competiu 3 partidos en Liga ACB co Baloncesto Fuenlabrada anotando 10 puntos e capturando 3 rebotes.

É a segunda renovación do Breogán despois da do base Ricardo Úriz.

Os bases Christian Díaz e Ricardo Úriz; os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco; e mailos pívots Matt Stainbrook, Herve Kabasele e, porén, o propio Emir Sulejmanovic teñen contrato de cara a vindeira tempada. O adestrador será Natxo Lezkano por terceira campaña consecutiva e o novo director deportivo é Quique Fraga.

4 COMENTARIOS

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here