InicioDeportesO Dépor concentrarase en Vilalba

O Dépor concentrarase en Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Real Club Deportivo da Coruña concentrarase no Hotel Spa Attica 21 de Vilalba (Lugo) entre o domingo 29 de xullo e o venres 3 de agosto.

O Dépor, que competirá en Segunda División tralo descenso a pasada tempada, adestrará no estadio de A Madalena e no propio hotel o luns 30 e o martes 31. O mércores 1 exercitaranse pola mañá e, xa pola tarde, viaxarán a Bembibre para xogar un partido amigable contra o Real Valladolid a partir das 20 horas. Volveranse a adestrar na Madalena o xoves 2 e o venres 3 pola mañá. Despois de comer o venres 3, volverán á Coruña.

Vilalba é lugar habitual de pretempada do Dépor dende 1986. Será a vixésimo primeira vez que o Dépor adestre en Vilalba en pretempada.

Hoxe en día, a plantilla do Dépor está formada polos porteiros Dani Giménez, Álex Cobo e Przemysław Tytoń; os laterais dereitos Gerard Valentín e Mujaid Sadick; o lateral dereito ou central Eneko Bóveda; os centrais Pablo Marí, Sidnei Rechel da Silva, Fabian Schär; os laterais esquerdos Saúl García e Sebastián Dubarbier; os mediocentros Álex Bergantiños, Pedro Mosquera, Guilherme dos Santos, Edu Expósito, Michael Krohn-Dehli, Celso Borges, Javier Fernández “Bicho” e Carlos López; o extremo diestro Pedro Sánchez; o extremo zurdo Fede Cartabia; o mediapunta Carles Gil; o extremo diestro ou segundo dianteiro Borja Valle; e mailos dianteiros Christian Santose Diego Rolán. O seu primeiro adestrador é Natxo González e o director deportivo é Carmelo del Pozo.

ÚLTIMAS

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

A nave calcinada de Mazoi “non tiña licenza de actividade” nin a solicitou segundo o Concello de Lugo

A nave de reciclaxe da parroquia de Mazoi, alugada pola empresa Contemar, que resultou...