O Triatlón do Miño cumpre 30 anos

Presentación do Triatlón do Miño. Foto do Concello de Lugo.

Este domingo 15 de xullo terá lugar a trixésima edición do Triatlón do Miño na contorna da área recreativa dos Robles cunha previsión de 200 deportistas.

O “nada e corre non competitivo” será na área recreativa dos Robles e a proba popular contará cunha distancia de 300 metros de natación, 13 quilómetros de ciclismo e 2.5 quilómetros de carreira correndo. 

A saída benxamín, alevín e infantil de “nada e corre non competitivo” terá lugar ás 09:50 horas, ás 10 horas comezará a proba popular, ás 11 horas producirase a saída da proba masculina sen corte, ás 12 horas partirá o inicio da proba masculina con corte e ás 12:30 horas será o comezo da proba feminina. Ás 14 horas, rematarán as probas.

Haberá 1200 euros en premios a repartir.

Produciranse cortes de tráfico en Estrada dos Deportes, Avenida dos Deportes, Paseo Palestina, Avenida Fábrica da Luz e inmediacións da área recreativa dos Robles.

Neste evento colaboran o Concello de Lugo e a Deputación de Lugo. Segundo o Concello lucense, é “a proba desta disciplina máis consolidada de Galicia”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here