InicioDeportesJuanfran García, novo adestrador do CD Lugo

Juanfran García, novo adestrador do CD Lugo

O técnico valenciano substitúe a Curro Torres e dirixirá hoxe o seu primeiro adestramento no Anxo Carro, a horas dun partido decisivo contra o Numancia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo confirma a Juanfran García como o novo adestrador do equipo albivermello para o que resta de tempada. O valenciano substituirá a Curro Torres, destituído do posto de técnico a seis partidos do remate da competición.

O técnico valenciano terá o primeiro contacto co cadro de xogadores no adestramento desta tarde no Anxo Carro, só un día antes dun partido decisivo contra o Numancia. Con el, o CD Lugo suma tres adestradores durante o curso 2020/21, un período que iniciou con Eloy Jiménez á fronte.

Juanfran García non conta con experiencia dirixindo a equipos de primeiro nivel, pero xogou como futbolista profesional en equipos como o Levante, o Valencia, o Zaragoza e o Celta. Neste último club formou parte do seu staff técnico durante a pasada tempada. Ademais, García tamén xogou en equipos estranxeiros (Besiktas, Ajax ou AEK Atenas), foi internacional absoluto en España en once ocasións e Campeón de Europa sub21.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...