InicioDeportesO balón volve rodar no Anxo Carro no primeiro partido na casa...

O balón volve rodar no Anxo Carro no primeiro partido na casa a porta pechada

O CD Lugo pediulles aos seareiros que non se achegasen ao estadio para cumprir coas medidas de seguridade. Afrontan o encontro contra o Zaragoza con ánimos, pero sen confiarse.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O CD Lugo e o Real Zaragoza enfróntanse este martes 16 de xuño na 33ª xornada da Liga. Será o primeiro partido que xoguen os albivermellos na casa tralo parón pola pandemia.

O estadio Anxo Carro acollerá a partir das 19:30 horas un encontro a porta pechada para cumprir coas medidas de seguridade. De feito, o club lucense pediulles aos seareiros que non acudan ás inmediacións do campo para así ser responsables e respectar as indicacións de prevención.

O conxunto que dirixe Curro Torres chega a esta cita con ánimos trala vitoria conseguida en Santander a pasada fin de semana. Con todo, saben que o Zaragoza está de segundo na táboa, así que non se confiarán ante un rival “difícil”: “Para min é dos mellores da categoría”, confesou o entrenador dos lugueses.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...