O piloto lucense Jorge Prado gaña en Separang e é colíder do Mundial MX2

O piloto lucense Jorge Prado, de apenas 17 anos. Foto de http://www.jorgeprado61.com/

O piloto lucense Jorge Prado gañou onte a súa sexta carreira do Mundial de motocross de MX2 no circuito de Separang (Indonesia) e xa é colíder da xeral con 550 puntos, os mesmos que o letón Pauls Jonass, compañeiro seu en Red Bull-KTM e vixente campión mundial da especialidade. Quedan sete carreiras para o remate do Mundial.

O galego, de só 17 anos, compite na segunda categoría do motocross mundial. Neste campionato mundial, suma seis vitorias e once podios en trece carreiras. Foi campión do mundo de 65 c.c. e campión europeo de 125 c.c.

A vindeira carreira será o 22 de xullo no Gran Premio da República Checa en Loket.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here