InicioDeportesO Club Deportivo Lugo 2018-2019 bota a andar hoxe

O Club Deportivo Lugo 2018-2019 bota a andar hoxe

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo comeza hoxe a tempada 2018-2019. Ás nove da mañá teñen lugar os primeiros recoñecementos médicos en Polusa, que terán continuación ao longo do día e mañá martes.

O mércores e xoves celebraranse sesións de axuste, mentros que os adestramentos propiamente ditos comezarán o venres. Haberá dobre sesión o venres e sábado. O equipo descansará o domingo.

O equipo conta coas novidades de Javi López como primeiro adestrador, Emilio Viqueira como director deportivo e o dianteiro Jona Mejía como primeira fichaxe.

O primeiro partido amigable será o mércores 18 de xullo contra o Racing Villalbés no estadio de A Madalena de Vilalba a partir das 19:30 horas.

 

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...