InicioDeportesO dianteiro lucense Dani Pedrosa ficha polo Real Valladolid B

O dianteiro lucense Dani Pedrosa ficha polo Real Valladolid B

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dianteiro lucense Dani Pedrosa é novo xogador do Real Valladolid B, equipo de Segunda División B. Firma por unha tempada con opción a outras tres. Pedrosa rematou contrato co Club Deportivo Lugo o pasado 30 de xuño despois de 8 anos no club. A pasada tempada, xogou cedido no C.C.D. Cerceda, en Segunda B, marcando 6 goles en 33 partidos.

Pedrosa, de 21 anos, debutou oficialmente co Club Deportivo Lugo na tempada 2013-2014 en Huelva fronte ao Real Club Recreativo de Huelva (1-0) en partido de terceira rolda de Copa. A seguinte campaña, debutou en Segunda División co Lugo sendo titular ante o Albacete Balompié no estadio Ángel Carro de Lugo (1-1).

Pedrosa marchouse cedido do Club Deportivo Lugo á U.D. Somozas, de Segunda B, no mercado de inverno de 2016 xogando 11 partidos e marcando 1 gol. A seguinte tempada, foi novamente a préstamo ao Somozas xogando 27 encontros.

Acumula 71 partidos en Segunda División B pese aos seus só 21 anos.

A finais de 2015, marcou seis goles nun amigable co Club Deportivo Lugo contra o Viveiro C.F.

Dani Pedrosa é un dianteiro versátil, técnico, de elegante conducción e con fortaleza física. Pode xogar como punta puro, segundo dianteiro, mediapunta o falso extremo dereito.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...