InicioDeportesO "soño cumprido" de Julen Fernández, o porteiro da canteira do Lugo

O “soño cumprido” de Julen Fernández, o porteiro da canteira do Lugo

"Levo dez anos no club, son veciño da cidade e vou desde pequeno ao Anxo Carro", di, ilusionado, o xogador que agora adestra co primeiro equipo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A COVID-19 obrigou os equipos a botar man dalgúns xogadores da canteira para reforzar o persoal profesional. No CD Lugo, un deles é o porteiro Julen Fernández, que viu “cumprido un soño”.

“Para un futbolista da canteira, como é o meu caso, que levo dez anos no club, son veciño da cidade e desde pequeno vou ao Anxo Carro, isto é un soño cumprido”, explicou en declaracións que facilitou o club. Para el, “compartir vestiario cos xogadores do primeiro equipo e gozar deles” supón a recompensa ao traballo que desenvolveu esta tempada no filial.

Adéstrase ás ordes do preparador de porteiros, Roberto Fernández, e aprende tamén de Alberto Varo e Ander Cantero, “dous grandes porteiros e referentes”. Iso, explicou, está a facerlle “crecer a pasos axigantados” e considerou que é algo que debe “aproveitar e gozar ao máximo”.

“Serán unhas xornadas apaixonantes e estou seguro que conseguiremos o obxectivo”, indicou o canteirán sobre o futuro do primeiro equipo, que ocupa posicións de descenso a Segunda B.

Ademais de Julen Fernández, están a adestrarse co primeiro equipo os defensas Quindimil e Matías, o centrocampista Álex Rey, o extremo Chiqui e os dianteiros Morais e Ángel.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...