Jona Mejía, primeira fichaxe do C.D. Lugo

Jona chega cedido por unha tempada. Foto de cdlugo.com

O dianteiro Jonathan Mejía Ruiz “Jona” é novo xogador de Club Deportivo Lugo cedido por unha tempada procedente do Córdoba C.F. O Lugo resérvase unha opción de compra. O punta, de 29 anos, é a primeira fichaxe do equipo lucense de cara a vindeira campaña. Nado en Málaga, pero é internacional por Honduras.

“Jona” xogou o último treito da tempada pasada no Cádiz C.F. xogando 14 partidos e non marcou ningún gol. Chegou no mercado de inverno cedido polo Córdoba, co que anotou 3 goles en 18 partidos. En cambio, materializou 21 goles no Cádiz en Segunda B na tempada 2014-15.

Os seus mellores rexistros goleadores en Segunda foron os 16 goles co Real Jaén no campionato 2013-2014 e os 15 tantos co UCAM Murcia C.F. na liga 2016-2017. 

Vivirá a súa terceira etapa en Galicia despois de xogar no R.C. Deportivo da Coruña B na tempada 2010-11 e no C.D. Ourense na campaña 2012-2013 marcando 5 e 11 goles, respectivamente.

 

 

 

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here