InicioDeportesClub Atlético Pulpileño, rival do Rácing Vilalbés

Club Atlético Pulpileño, rival do Rácing Vilalbés

PUBLICADA O

- Advertisement -

Club Atlético Pulpileño será o rival do Rácing Vilalbés na primeira eliminatoria polo ascenso a Segunda División B, segundo o sorteo realizado esta tarde na Real Federación Española de Fútbol (RFEF). A ida xogarase no estadio de A Madalena, en Vilalba, e a volta en Pulpí (Almería). O primeiro partido disputarase o domingo 20 de maio a partir das 17 horas. Vilalbés e Pulpileño remataron terceiros nos seus grupos. Para subir a Segunda B, deberán superar tres rondas.

O C.T. Pulpileño é un equipo da poboación almeriense de Pulpí, mais xoga no grupo da Terceira División en Murcia.

No Pulpileño xoga o central arxentino Bruno Caballero, ex xogador do Rácing Vilalbés.

Foto de rfef.es

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...