Os xogadores do CD Lugo someteranse este martes aos test PCR

LaLiga realiza este tipo de probas para determinar se todos os deportistas poden retomar os adestramentos, previstos para esta mesma semana.

Estadio Anxo Carro | CDLugo

EFE | Os xogadores do CD Lugo pasarán este martes os test PCR da COVID-19 que realizará LaLiga aos equipos do fútbol profesional co obxectivo de retomar os adestramentos e a competición.

O cadro de xogadores, corpo técnico e persoal relacionado co primeiro equipo branquivermello acudirán ao longo do día ao campo Anxo Carro para someterse á proba. A proba determinará se todos eles poden iniciar os adestramentos previstos para esta mesma semana logo de quedaren suspendidos a mediados de marzo.

Posteriormente, entre o mércores e o xoves, os xogadores tamén se someterán ás analíticas médicas pra coñecer o resto de parámetros do seu estado de saúde, tal como adoita suceder ao comezo de cada pretemporada.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here