InicioDeportesCando o futbolín se converte en ciencia: o Máster de Rábade

Cando o futbolín se converte en ciencia: o Máster de Rábade

Preto de 500 inscritos de todo o Estado no XXI Máster de Futbolín de Rábade

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dende que Alexandre de Fisterra inventou o futbolín, este xogo non deixa de aumentar os seus siareiros. Tal é a súa importancia que ata conta con numerosos manuais de xogo e campionatos por todo o mundo. Un dos máis coñecidos é o de Rábade, en Lugo, que xa vai pola súa XXI edición.

Máster de Futbolín de Rábade é unha cita que ano a ano logra atraer a un maior número de persoas, entre participantes e veciños da comarca que se achegan a presenciar un espectáculo único na provincia de Lugo. Este ano, a cifra de inscritos acada xa os 500 xogadores de todas as comunidades autónomas españolas.

Este ano haberá cinco modalidades de xogo e tres niveis, onde se repartirán 10.000 euros en becas deportivas. Ademais, haberá premios para todas as modalidades e camisetas de recordo para os participantes”.

PROGRAMACIÓN

A programación do XXI Gran Master Nacional de Futbolín é a seguinte:

Xoves, 29 de abril:

– 16:30 horas: Comezo do máster (Modalidade infantil 2000-2017)

– 17:00 horas: Sorteo de parellas cegas

– 18:00 horas: Modalidade ‘Combinada parellas cegas’

Venres, 30 de abril:

– 12:00 horas: Modalidade ‘En parado’

– 17: horas: Modalidade ‘Feminina’

Sábado, 31 de abril:

– 11:00 horas: Modalidade ‘En movemento’

– 21:00 horas: Finais

– 23:00 horas: Entrega de premios e clausura

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....