Francisco Rodríguez, ex adestrador do C.D. Lugo, ficha polo Córdoba C.F.

Francisco, no centro, asina polo Córdoba C.F., por unha tempada. Foto de laliga.es

Francisco Javier Rodríguez Vílchez, ex primeiro adestrador do Club Deportivo Lugo durante a tempada pasada, ficha polo Córdoba Club de Fútbol. O técnico almeriense, de 40 anos, asina por unha campaña. Será presentado o vindeiro mércores catro de xullo no antepalco do estadio Nuevo Arcángel.

Francisco adestrou previamente á U.D. Almería B, ao primeiro equipo da U.D. Almería en Primeira durante 52 partidos e U.C.A.M. Murcia C.F.

No Club Deportivo Lugo, rematou no decimosegundo posto, mais foi líder na duodécima xornada estando sete datas en ascenso directo e dezaseis xornadas entre os seis primeiros. 

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here