InicioDeportesPor fin... O Lugo gaña fóra tres meses despois

Por fin… O Lugo gaña fóra tres meses despois

Curro Torres consegue os seus primeiros puntos a domicilio co Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Curro Torres conseguiu este domingo os seus primeiros puntos a domicilio co Lugo grazas ao gol de Moctar Sidi El Fan que lle deu o triunfo ante o Fuenlabrada (0-1).

O conxunto branquivermello presentouse na localidade madrileña como o peor visitante da categoría, condición que xa non ostenta ao pór fin a tres meses sen gañar lonxe do Anxo Carro.

Os lucenses non se impuñan a domicilio desde o 9 de novembro (0-1 en Albacete) e non sumaban fóra de casa desde o 21 de decembro, cando empataron co Málaga (1-1) con Eloy Jiménez como adestrador.

Antes de gañar en Fuenlabrada, con Curro Torres os lucenses volveron sen carga nas súas tres saídas, ante o Raio Vallecano (1-0), o Huesca (2-1) e o Extremadura (1-0).

A segunda vitoria a domicilio dos branquivermellos non os saca das posicións de descenso, pero si lles permite reengancharse á loita pola permanencia.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...