O C.B. Breogán abrirá prazo para familiares de abonados e cambios de asento

Táboa de prezos da campaña de abonados. Foto de cbbreogan.com

O Club Baloncesto Breogán comunicou que os abonados poderán cambiar de ubicación e engadir familiares directos entre o luns 2 de xullo e o domingo 8 de xullo. O club entende por familiares directos “a parella de feito ou matrimonio, fillos menores de 25 anos e proxenitores en caso de que sexo o menor de 25 anos o abonado”. Os cambios de localidade deberán realizarse nas oficinas do club no Pazo dos Deportes.

A campaña de abonados para os non abonados comezará o luns 9 de xullo, tal e como estaba previsto dende o primeiro intre.

Aqueles abonados que renoven o seu carné antes do 30 de xuño terán un 5 % de desconto sobre o prezo total.

O Breogán ascendeu deportivamente á Liga Endesa e a ACB confirmou a recepción da cuota económica e documentación precisas para a súa inscripción. A súa confirmación como club da Liga Endesa deberá ser ratificada en asemblea da ACB nos primeiros días de xullo.

Toda a información da campaña de abonados foi publicada neste xornal dixital o pasado 28 de maio:

http://lugoxornal.gal/deportes/794-o-c-b-breogan-busca-achegarse-aos-4000-abonados/

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here