O porteiro vilalbés Ángel Fraga ficha polo Rápido de Bouzas

Ángel Fraga durante a súa etapa no Celta. Foto de canteiraceleste.com

O porteiro vilalbés Ángel Fraga Camba é novo gardameta do Rápido de Bouzas, equipo vigués de Segunda División B e que rematou en quinta posición no grupo primeiro a pasada tempada. Procede do Ourense C.F., de Terceira División, co que xogou oito partidos. Comezou a campaña no C.C.D. Cerceda, en Segunda B, competindo nun encontro de liga e dous de Copa Deputación.

Fraga, de 22 anos, formouse no R.C. Celta de Vigo, tanto no filial como en categoría xuvenil en División de Honra. Previamente, defendeu as cores de Rácing Vilalbés. Foi convocado co primeiro equipo ao partido de volta de oitavos de final da Europa League fronte o F.C. Krasnodar no desprazamento ao sur de Rusia.

Debutou co filial celtiña, en Segunda B, o 14 de maio de 2016 na vitoria ante o Real Valladolid B (4-2) na derradeira xornada de liga.

Ángel Fraga sobresae pola súa axilidade, velocidade e xogo de pés.

O vilalbés é estudante de Enxeñería Industrial.

O Rápido de Bouzas leva realizadas 15 fichaxes para a vindeira tempada nun proxecto dirixido polo adestrador Jorge Otero, ex futbolista internacional.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here