Reaccións en Lugo ante a fichaxe de Quique Setién como entrenador do FC Barcelona

Os seareiros albivermellos inundaron as redes sociais de mensaxes de agradecemento ao que fora técnico do CD Lugo durante seis tempadas.

Quique Setién, ex-técnico do CD Lugo, substituirá a Ernesto Valverde como entrenador do FC Barcelona | www.fcbarcelona.es

O ex técnico do CD Lugo Quique Setién xa é o novo entrenador do FC Barcelona logo da destitución de Ernesto Valverde. O club blaugrana confirmou a fichaxe do cántabro, que asinou un contrato ata xuño do 2022. A pegada que deixou Setién en Lugo fíxose notar durante estas últimas horas nas redes sociais, onde seareiros do Club Deportivo Lugo trasladaron os seus bos desexos a un entrenador que fixo historia na cidade.

Quique Setién entrenou o Lugo durante seis tempadas (2009-2015) e logrou fitos tan importantes como o regreso do club a 2ª División despois de dezanove anos. Aquel partido contra o Cádiz, inesquecible para os albivermellos, é un dos momentos que lembran os afeccionados agora que Setién comeza unha nova etapa nun equipo cuxo xogo sempre admirou.

Velaí uns cantos chíos que demostran o agarimo e agradecemento dos lucenses a Quique Setién: 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here