O base lucense Carlos Noguerol ficha por C.B. Clavijo

Carlos Noguerol é a primeira fichaxe do C.B. Clavijo. Foto de cbclavijo.es

O base lucense Carlos Noguerol Barrenechea é novo xogador de Club Baloncesto Clavijo de Logroño, equipo que militará en LEB Prata a vindeira tempada despois do descenso de categoría tras sete anos en LEB Ouro. Noguerol, de 24 años e 1.85 metros de estatura, xogará no equipo rioxano, adestrado polo prestixioso Jenaro Díaz, co obxectivo do ascenso á segunda categoría do baloncesto español. Procede de Fundación Globalcaja La Roda, segundo clasificado en LEB Prata e finalista da Copa LEB Prata. É a primeira fichaxe de Clavijo.

A pasada campaña, o base lucense promediou 9 puntos, 4.3 asistencias, 1.9 recuperacións e 3.1 rebotes por partido.

Clavijo terá un base lucense por segunda tempada consecutiva despois da marcha do tamén lucense Érik Quintela a C.B. Bahía San Agustín de Palma de Mallorca.

Segundo C.B. Clavijo, Carlos Noguerol é un “base intenso e director, con gran manexo dos ritmos e dinámicas do xogo sumado a unha destacada capacidade física e cunha gran actitude defensiva e ética de traballo”.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here