InicioDeportesO Lugo, imbatible coma visitante

O Lugo, imbatible coma visitante

Empatou co Almería 0-0.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Lugo, que só perdeu un dos seus últimos doce partidos como visitante (4-1 ante a UD As Palmas o pasado 28 de abril), mantén o refacho nos desprazamentos tras asinar este sábado un 0-0 no campo do Almería, equipo que, pola súa banda, non recobra a senda do triunfo e acumula xa cinco xornadas sen facelo.

Con este empate periga a segunda praza que ten o Almería na táboa, na que o Lugo, co punto sumado, tampouco respira para separarse da zona de descanso.

Na primeira parte, o Almería tivo as súas ocasións, pero na segunda, a pesar de vivir nas proximidades da área do Lugo, o conxunto visitante soubo manexarse para conseguir o seu propósito de non perder, porque gañar nunca o tentou.

Partido sen ritmo nos primeiros 45 minutos, nos que se implantou a proposta futbolística do cadro galego, moi ben plantado atrás, con cinco defensas, ante o intento andaluz de controlar o balón e pasalo de banda a banda.

Non houbo apenas ocasións, salvo un par de disparos desde fóra da área de Valentín Vada, que atallou Ander Canteiro, no minuto 12, mentres que no 14 a creación foi de Sekou Gassama e o disparo final de Corpas foise demasiado cruzado. O fútbol lento exposto polo cadro de Eloy Jiménez non permitiu que o que dirixe o portugués Pedro Emanuel xogase con facilidade, aínda que buscou espazos sen atopalos.

Aínda que o Almería tentouno con cambios na segunda parte, estes non lle deron a profundidade necesaria ante un Lugo moi ben plantado, que contaxiou aos branquivermellos, desacertados no último pase e atrapados na proposta de xogo do conxunto lucense, que adiantou liñas e meteu o medo no corpo aos almerienses.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...