Erik Quintela ficha por Imprenta Bahía San Agustín

Erik Quintela durante a súa etapa en Xuven Cambados

O base lucense Erik Quintela é novo xogador do Club Baloncesto Imprenta Bahía San Agustín, de Palma de Mallorca, que compite en LEB Ouro. Firma por unha tempada.

A pasada campaña, xogou no C.B. Clavijo de Logroño promediando 7.9 puntos, 2.9 asistencias e 3.2 rebotes pese ao descenso do equipo rioxano.

Erik Quintela xogou no Club Baloncesto Breogán na tempada 2012-2013 en LEB Ouro.

Segundo Félix Alonso, o seu novo adestrador, Erik Quintela era “unha peza moi codiciada no mercado”, polo que tiveron que “traballar de xeito moi concienzudo” para contratalo. Na súa opinión, Erik ten “unha gran personalidade”, “gran capacidade defensiva e xoga cun ritmo moi alto en ataque”. Tamén subliña o seu “compromiso”. 

Foto de xuven.com

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here