O C.V. Emevé renova a Lucía Prol

Lucía Prol, nunha xogada

O Club Voleibol Emevé Lugo anunciou a renovación da receptora Lucía Prol por unha tempada. O Emevé xogará a Superliga, máxima categoría do voleibol español, a vindeira campaña despois de acadar o ascenso deportivo e colleitar a financiación necesaria para a inscripción.

Segundo informa Emevé, Lucía Prol destaca pola súa “constancia e traballo”. Ademáis, foi unha das máximas puntuadoras en Superliga 2 e foi convocada en categorías inferiores da selección española.

Bibí Bouza, presidenta do Emevé, confirmou o venres en rolda de prensa que manterán ás xogadoras que ascenderon a Superliga a pasada tempada e reforzarán o sexteto inicial. Bouza reivindica sempre que Emevé  “é un proxecto de canteira” e “seguirá a ser un equipo lucense”.

Ligazón da entrevista que publicamos neste mesmo xornal a Bibi Bouza o pasado xoves 17 de maio:

http://lugoxornal.gal/deportes/341-a-esencia-deste-club-e-a-base/

Foto da páxina web da Real Federación Española de Voleibol (RFEV): http://www.rfevb.com

4 COMENTARIOS

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here