Cristian Toro, bicampión de Europa

Cristian Toro pousa coa medalla de ouro en K4 500

O piragüista lucense Cristian Toro proclamouse hoxe doble campión de Europa en K4 500 e K2 200 nos campionatos europeos de Belgrado. Primeiro, conquistou a medalla de ouro en K4 500 xunto a Saúl Craviotto, Marcus Walz e o galego Rodrigo Germade; posteriormente, o ouro en K2 200 xunto a Craviotto.

En K4 500, gañaron a quenda final por apenas 14 milésimas ao cuarteto alemán, que liderou a carreira durante a maioría do percorrido. O desenlace tivo que confirmarse grazas a fotofinish. Hungría conquistou a medalla de bronce.

Xa no K2 200, Toro e Craviotto venceron despois de superar á parella serbia Marko Novakovic y Nebojsa Grujic por 138 milésimas.

Cristian Toro é vixente campión olímpico en K2 200 xunto a Saúl Craviotto. É actual subcampión mundial de K2 200 e K4 500 nos mundiais celebrados o pasado ano en Račice, República Checa.

O vindeiro obxectivo de Toro serán os Mundiais de Montemor-o-Velho, en Portugal, entre o 22 e o 26 de agosto.

Foto da páxina web da Real Federación Española de Piragüismo (www.rfep.es)

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here