InicioDeportesO deporte lucense triunfa nos Xogos do Eixo Atlántico

O deporte lucense triunfa nos Xogos do Eixo Atlántico

63 rapaces e rapazas de clubes de Lugo foron seleccionados para participar nesta competición en Portugal. Volveron á casa con 12 medallas, seis delas de ouro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os 63 deportistas de Lugo que participaron nos Xogos do Eixo Atlántico, celebrados en Braga (Portugal), regresaron á casa con 12 medallas, seis delas de ouro. Os triunfos foron logrados nas disciplinas de atletismo, fútbol e baloncesto.

En concreto, nesta semana de Xogos en Braga, os deportistas lucenses fixéronse con seis medallas de ouro en atletismo de ruta feminina, lonxitude masculina,  1.000 metros feminino e masculino, en lanzamento de peso feminino e en 4×100 masculino. Ademais, gañaron catro medallas de prata en lanzamento de peso masculino e en 100 metros feminino. Tamén obtiveron o segundo posto e un trofeo nas categorías masculinas de fútbol-7 e baloncesto.

Á parte diso, a delegación de Lugo tamén competiu en natación e baloncesto feminino, onde quedaron entre os dez primeiros equipos.

“ORGULLO LUCENSE”

En total, nestes Xogos participaron 1.673 deportistas menores de 16 anos e que proviñan de 26 localidades de Galicia e Portugal. Deles, 63 eran de Lugo e foron seleccionados entre os distintos clubs do concello.

O concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, que acompañou á delegación, felicitou a todos os participantes. Comentou que “poden estar felices co traballo e o esforzo desenvolvido, sempre xogando con respecto e deportividade”. “Sodes un exemplo de orgullo lucense“, sostivo.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...