Hugo Rama pasará probas en Lugo pola súa lesión de xeonllo

Hugo Rama, á esquerda, cando fichou polo Club Deportivo Lugo o pasado xaneiro. Foto de cdlugo.com

O xogador cedido polo CD Lugo ao Mirandés, Hugo Rama, pasará probas complementarias en Galicia pola lesión de xeonllo que se produciu co conxunto burgalés.

Rama lesionouse o pasado domingo no partido entre o CD Mirandés e RC Recreativo de Huelva, no que se produciu unha torsión na perna esquerda que afectou ao seu xeonllo.

Segundo explica o Lugo, despois de realizarse os primeiros exames por parte dos servizos médicos do CD Mirandés, o xogador regresará a Galicia para ser sometido a máis probas radiolóxicas polos servizos médicos e poder concluír o diagnóstico. Rama disputou 40 partidos co Mirandés, 36 como titular, e anotou sete goles.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here