Suso Lázare: “o club segue a traballar e xa está a encamiñar a nova tempada”

O presidente breoganista confirmou que Sergi Quintela e Herve Kabasele son os únicos xogadores con contrato en vigor

Suso Lázare.

Suso Lázare, presidente do Club Baloncesto Breogán, adiantou que “o club segue a traballar e xa está a encamiñar a nova tempada”, así coma lembrou que “a ampliación de capital é vital e importantísima”. “Outra cousa é que non saian cousas, pero estanse a facer”, comentou. Adiantou que, en canto a ampliación de capital, “as expectativas están a ser boas”.

No eido deportivo, confirmou que Sergi Quintela e Herve Kabasele son os únicos xogadores con contrato en vigor. Asegurou que deberan ter “actuado con algunha decisión de troco de xogador ou de fichaxe de xogador”. “Asumo o meu erro coma presidente”, engadiu.

Por outra banda, lembrou que “sempre se aprende máis do malo que do bo” e “este consello de administración é crítico”. Reivindicou que “a estrutura mellorou: en marketing, a nivel social, en espectáculos”. “Estamos entre os cinco-seis primeros neses eidos”, opinou.

“En principio” e “a día de hoxe”, matizou, “non” é a súa idea continuar coma presidente do club, pero “non” pecha “portas”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here