O lucense Diego Ríos é novo primeiro adestrador do Levante U.D.

O adestrador, ex Prone Lugo, pecha un ciclo de cinco tempadas en O Parrulo Ferrol cun ascenso a Primeira e dúas permanencias na máxima categoría

Diego Ríos. Foto de Levante U.D.

O adestrador lucense Diego Ríos Gayoso é o novo primeiro técnico do Levante U.D. para as vindeiras dúas tempadas.

Diego Ríos formouse na canteira do Prone Lugo, foi primeiro adestrador do primeiro equipo acadando tres permamencias en Primeira entre 2011 e 2014, cando ficha por O Parrulo Ferrol, onde acadou o ascenso a Primeira en 2017 e dúas permanencias nas dúas últimas tempadas.

Diego Ríos, de 35 anos, liderará o proxecto do Levante, cuartofinalista en Primeira nesta tempada 2018-2019.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here