InicioDeportesDecepcionante fin de tempada e sexta derrota consecutiva do Breogán (76-95)

Decepcionante fin de tempada e sexta derrota consecutiva do Breogán (76-95)

Volodymyr Gerun foi o mellor breoganista con 15 puntos e 11 rebotes, seguido por Christian Díaz, con 11 puntos, 6 rebotes e 3 asistencias

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán perdeu na derradeira xornada da Liga Endesa contra San Pablo Burgos no Pazo dos Deportes de Lugo (76-95). Os lucenses remataron a tempada coma colistas con nove vitorias despois de seis derrotas consecutivas.

Burgos estivo sempre por diante no marcador. Cos 10 puntos de Vlatko Cancar, 7 de Paul Zipser e 4 de Branden Frazier remataba o primeiro cuarto cun Breogán sen ningunha asistencia e xa 6 pérdidas ao remate dos primeros 10 minutos dobrando aos galegos no marcador (12-24).

Despois dunha tripla de Javi Vega, Burgos acadaba a máxima vantaxe (24-38). Respondía Breogán cun parcial de 12-5 coa dirección de Christian Díaz e o poderío interior de Volodymyr Gerun para chegar ao descanso cun esperanzador 36-43.

No terceiro cuarto, os lucenses chegaron a colocarse a 2 puntos (45-47), pero dende aí Burgos volveu poñer a quinta marcha e, con dúas triplas de Cancar, estirando a renda (54-67). Cunha canastra do aleiro estonio Robert Valge remataba o partido coa máxima vantaxe de San Pablo Burgos (76-95), que, con esta vitoria, remata undécimo e competirá na Basketball Champions League.

Afeccionados breoganistas ovacionaron a Christian Díaz e Emir Sulejmanovic´pedindo as súas continuidades, así coma berros de “MVP” a Volodymyr Gerun.

Gerun foi mellor breoganista con 15 puntos e 11 rebotes, seguido por Christian Díaz, con 11 puntos, 6 rebotes e 3 asistencias.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...