Un parcial de 0-22 e as lesións lastran ao Breogán (77-92)

Os lucenses chegaron a ter unha vantaxe de 11 puntos, pero xusto aí recibiron un parcial de 0-22 para, posteriormente, tentar a remontada, achegarse a 2 puntos, pero 2 triplas de Oriol Paulí e 2 de D.J. Strawberry encarrilaron a vitoria de Gran Canaria

Emir Sulejmanović controla o balón ante Kim Tillie e Marcus Eriksson. Foto de ACB

O Cafés Candelas Breogán perdeu contra Herbalife Gran Canaria (77-92) na trixésimo segunda xornada da Liga Endesa. Os lucenses son colistas con nove vitorias. Alec Brown non xogou por lesión e Ray McCallum, que se lesionou ao comezo do partido, seguiu xogando até retirarse definitivamente no derradeiro cuarto por unha nova doenza.

O Breogán completou un excepcional primeiro tercio de partido ante un Gran Canario que baseaba o seu xogo coas triplas. Os lucenses acadaron unha vantaxe de 11 puntos (35-24), pero, acto seguido, un parcial desfavorable de 0-22 complicou moito a situación. O pivote local Volodymyr Gerun anotou 19 puntos ao descenso. Os lucenses chegaron a colocarse a 2 puntos co liderado de Emir Sulejmanovic e 2 canastras consecutivas de Lucio Redivo. Pero dúas triplas de, primeiro, Oriol Paulí, e, logo, de D.J. Strawberry foron demasiada desvantaxe.

Volodymyr Gerun foi o máximo anotador do partido con 25 puntos, 19 ao descanso.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here