InicioDeportesUn defensivo e serio Club Deportivo Lugo empata en Gijón (0-0)

Un defensivo e serio Club Deportivo Lugo empata en Gijón (0-0)

Os lucenses foron moi inferiores ao comezo, sen apenas xerar en ataque, pero apenas concederon ocasións xogando con tres centrais, mentres que en ataque Gerard Valentín, carrileiro dereito hoxe, foi moi incisivo e xerou as principais opcións galegas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo empatou na súa visita ao Real Sporting de Gijón (0-0) na trixésimo oitava xornada de LaLiga 1|2|3. Os lucenses son decimoitavos, agora mesmo fóra de descenso, con 41 puntos.

O Sporting foi moi superior ao comezo cun dominio posicional prácticamente absoluto ante un Lugo que saiu con tres centrais, dous carrileiros, Cristian Herrera como extremo dereito e Manu Barreiro en punta. Gerard Valentín foi o carrileiro dereito e xerou as principais opcións lucenses. Eduard Campabadal quedou no banquillo. O Sporting xeraba por bandas e con moito centro lateral. Os galegos estiveron activos e intensos durante todo o encontro. Así a todo, no minuto 28, o Sporting puido adiantarse a través de Álex Alegría que, a bocaxarro, golpeou excesivamente centrado e de xeito feble, e Juan Carlos Martín detivo con dificultade. O Lugo só xeraba ao comezo cun sempre incisivo Gerard Valentín coma lateral dereito e con algún centro inicial de Luis Ruiz cara Manu Barreiro. No minuto 44, José Carlos Lazo lanzou unha falta directa feble que detivo Dani Martín, porteiro local hoxe titular pola lesión do vigués Diego Mariño.

Na segunda metade, mesmo denominador común. Así a todo, o Sporting perdeu fluidez, faltoulle movilidade ofensiva e xogou excesivamente directo. O Lugo foi paseniñamente atopándose mellor no partido. No minuto 69, unha volea potente pero excesivamente centrada de “Josete” Malagón despois dunha falta indirecta foi a principal opción do Lugo até ese intre. Seis minutos despois, conducción e xogada individual xenial de Gerard Valentín que chega á frontal da área, asiste a Manu Barreiro que, solo ante o porteiro, golpeou alto. O Sporting seguía xogando directo e sen atopar profundidade. O Lugo finalizou mellor o partido. E, de feito, “Josete” puido marcar dun testarazo no segundo minuto do tempo engadido despois dun saque de esquina botado por Carlos Pita, que reapareceu na segunda metade trala súa lesión. O remate de “Josete” foise por riba do longueiro. Cunha derradeira tentativa do Sporting sen finalización clara rematou o partido.

 

 

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...