Tito Díaz: “Precisamos ao Pazo”

O primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán adiantou que Daniel Ochefu "está ben" e "puido adestrar hoxe e onte"

Tito Díaz, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán.

Tito Díaz, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, adiantou que o pivote Daniel Ochefu “está ben”, “puido adestrar onte e puido adestrar hoxe” e “está no bo camiño”. “É un xogador ao que precisamos”, engadiu. Tamén lembrou que Ricardo Úriz “está ben, reincorporouse aos adestramentos”. Tito Díaz comentou que teñen “14 xogadores dispoñibles”, polo que deberá facer dous descartes, pero sempre con catro cupos. Mencionou que “un pivote descansará”.

Tito Díaz afirmou que “as sensacións son boas”, “están a traballar ben” e “o equipo está mentalizado”. “Non serviu para gañar, pero reforzounos”, explicou. “Precisamos ao Pazo”, adiantou. Explicou que a afección “vai dar a talla seguro”.

Sobre Iberostar Tenerife, rival este xoves ás 21:30 horas no Pazo dos Deportes de Lugo, é “moi bo equipo”, “gañaron a equipos grandes”, “son un moi bo equipo defensivo, plantexan moitas veces variantes tácticas” e “xeran moito xogo”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here