InicioDeportesVíctor Moreno deixa a dirección deportiva do C.D. Lugo

Víctor Moreno deixa a dirección deportiva do C.D. Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Víctor Moreno, director deportivo de Club Deportivo Lugo, non continuará a vindeira tempada, segundo confirmou Tino Saqués, presidente do club. Moreno chegou ao equipo lucense o 18 de abril de 2017.

A falta de oficialidade, Víctor Moreno traballará no Deportivo Alavés. Terá unha función adxunta á dirección deportiva e coordinadora dos equipos cos que o Alavés mantén convenio no estranxeiro. 

Moreno afirmou que “é unha oportunidade” que lle “apetece aceptar”. “Si hai algo que realmente me doe é abandonar algo no que depositamos tanto esforzo e ilusión”, explicou. “Só teño verbas de agradecemento a todos os que conforman Club Deportivo Lugo que fan que todo sexa máis sinxelo. En especial, aos xogadores e corpo técnico”, engadiu.

Tino Saqués agradeceulle a súa “implicación, entrega e profesionalidade” e subliñou que foi “un activo importante”.

Foto de @CDeportivoLugo en Twitter.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...