InicioDeportesO Breogán quedouse á beira da remontada (83-82)

O Breogán quedouse á beira da remontada (83-82)

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán perdeu na súa visita a Valencia Basket (83-82) na trixésima xornada da Liga Endesa.

Os lucenses tiveron a ocasión de gañar no derradeiro segundo cun lanzamento de Tadija Dragićević que non entrou e, previamente, outro de Aleksandar Cvetkovic´. O Breogán chegou a empatar en tres ocasións un partido que foi perdendo de até 21 puntos (69-48). Tivo a opción de adiantarse no marcador en dúas ocasións, pero non foi quen. Un tiro libre de Guillem Vives, entre ámbalas dúas xogadas, foi, á postre, decisivo.

Os lucenses son colistas con nove vitorias, as mesmas que o decimosexto, que sería o primeiro en salvarse.

O máximo anotador breoganista foi Lucio Redivo, con 18 puntos, seguido por Ray McCallum e Alec Brown, ámbolos dous con 13 puntos.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...