Fernando Seoane entra na convocatoria de Club Deportivo Lugo

O central diestro Hernán Menosse e o lateral esquerdo Orest Lebedenko son tamén novidades na convocatoria de 19 futbolistas

Fernando Seoane. Foto de laliga.es

O mediocentro Fernando Seoane, o central diestro Hernán Menosse e o lateral esquerdo Orest Lebedenko, que aínda non debutou, son as novidades na convocatoria de 19 futbolistas de Club Deportivo Lugo para competir no estadio de Gran Canaria contra a Unión Deportiva Las Palmas mañá domingo a partir das seis da tarde.

En troques, Carlos Pita, Tete Morente, Antonio Campillo e Serge Leuko son baixas por lesión, así coma Miguel Vieira por sanción. Iriome González non viaxa despois de retomar os adestramentos este pasado mércores tralo desgraciado falecemento do seu pai.

O mediocentro lucense Álex Rey foi novamente citado por cuarta xornada consecutiva.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here