InicioDeportesEmpate a 55 puntos no peche de liga (1-1)

Empate a 55 puntos no peche de liga (1-1)

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo rematou a tempada cun empate fronte á Unión Deportiva Almería (1-1). Os lucenses rematan a liga en decimosegunda posición con 55 puntos. Pola súa banda, os almerienses acadaron a permanencia na categoría e descende a Cultural y Deportiva Leonesa.

O Lugo dominou a práctica totalidade do partido. De feito, tivo a posesión durante o 70,9 % do encontro. Con todo, no primeiro minuto, Rubén Alcaraz gozou da primeira ocasión para o Almería. Os lucenses dominaron ante un Almería demasiado chan. Pasado o cuarto de hora, Bernardo Cruz puido marcar de cabeza despois dun centro de Antonio Campillo, mais René Román, porteiro do Almería, blocou con seguridade. Segundos despois, nova opción albivermella cun testarazo de Daniel Escriche nun centro lateral de Álvaro Lemos dende banda dereita. No minuto 25, Roberto Fernández, na xornada da súa retirada, despexou unha ocasión tras un rexeite: José Ángel Pozo introduciu un balón filtrado ao oco, Carlos Pita despexa cara o corpo de Juan Muñoz, o balón rebota en Muñoz e Roberto desviou preto da escadra esquerda.

Na segunda parte, mesmo protagonista: o Lugo. No minuto 49, Fidel Chaves bota un saque de esquina e, en xogada ensaiada, Rubén Alcaraz remata, pero a defensa local rexeitou. Dous minutos despois, Sergio Gil chega dende segunda liña, cabecea un centro de Iriome e René detivo con seguridade. No minuto 59, Mario Barco entra ao campo e, na súa primeira xogada, a piques estivo de rematar no área pequena e no segundo pau un centro de Vasyl Kravets. No minuto 62, Barco provoca un penalti de René Román. Carlos Pita, con calidade, marcaba o 1-0. O Almería buscou a igualdade. No minuto 68, Juan Muñoz recibe de costas, xírase, golpea dende fóra do área, Roberto desvía, pero Fidel marca con calidade no rexeite para o 1-1. A partir de aí, dominio do Lugo sen profundidade e leves chegadas do Almería.

O porteiro lucense Roberto Fernández retirouse xogando o seu partido 401 coma profesional. Ao remate do partido, foi homenaxeado polos seus compañeiros e afección.

Foto de LaLiga.es

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....