InicioDeportesEloy Jiménez é o novo primeiro adestrador de C.D. Lugo

Eloy Jiménez é o novo primeiro adestrador de C.D. Lugo

O novo primeiro técnico albivermello, cuxa última experiencia foi no Fuenlabrada a tempada pasada, asina até final de tempada con Jonatan Moreno coma asistente e cumprirá a súa primeira experiencia en Segunda

PUBLICADA O

- Advertisement -

Eloy Jiménez é o novo primeiro adestrador de Club Deportivo Lugo despois da destitución de Alberto Jiménez Monteagudo onte á noite. Eloy Jiménez asina até final de tempada e chega con Jonatan Moreno coma axudante. Jiménez foi adestrador de Conquense, La Roda, UCAM Murcia, Mérida A.D. e Fuenlabrada, sempre en Segunda División B. Fuenlabrada foi a súa última experiencia a tempada pasada durante os derradeiros cinco partidos da liga regular e chegou a semifinais polo ascenso.

O novo primeiro técnico será presentado mañá luns ás 13 horas e realizará o seu primeiro adestramento o mesmo luns ás 17 horas. Será a súa estrea en Segunda División.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...