Un pragmático Granada venceu en Lugo (1-2)

Miguel Vieira desputa un balón con Rodri Ríos. Foto de laliga.es

O Club Deportivo Lugo perdeu contra o Granada C.F. (1-2) na trixésimo quinta xornada de La Liga 1|2|3.

O Granada dominou a primeira metade. No minuto 4, Rodri Ríos tivo a primeira ocasión ao tentar rematar un centro lateral, pero Giorgi Aburjania bloqueou o seu intento de disparo. No minuto seguinte, a mellor xogada combinativa do Lugo na primeira parte finalizou cun disparo alto do propio Aburjania. Mediada a primeira metade, os lucenses tiveron opción nun disparo alto de Miguel Vieira despois dunha manobra de Cristian Herrera. Tamén, no 34, Tete Morente creou unha ocasión despois dunha conducción por banda dereita e o seu centro foi despexado polo Granada no primeiro pau. Acto seguido, Antonio Puertas cabeceou ao pau nunha falta indirecta e, no rexeite, Rodri Ríos non foi quen de rematar ante a cobertura lucense. No minuto 36, Álvaro Vadillo marcou un golazo de falta directa lonxana cun golpeo potente e preciso.

No minuto 56, o Lugo puido empatar nun saque de esquina que peiteou “Josete” Malagón e Dani Escriche rematou co calcaño, pero o Granada despexou na liña de gol. O Granada contragolpeaba. No minuto 71, penalti a prol dos nazaríes e Adrián Ramos marcaba o 0-2 depois de enganar a Juan Carlos Martín. No minuto 75, Cristian Herrera reducía distancias co 1-2 ao aproveitar un centro de Gerard Valentín no primeiro pau despois dun pase filtrado de Aburjania. Segundos despois, ocasión similar, pero Cristian non rematou a portería baleira. No minuto 86, xogada individual de José Carlos Lazo que non atopou rematador. Seguía buscando o empate o Lugo cun cabezazo excesivamente alto de Manu Barreiro no minuto 90 ao rematar un centro lateral en falta indirecta.

Os lucenses son decimoitavos con 37 puntos.

Cristian Herrera marcou o seu noveno gol da temporada (oito en Liga e un en Copa) e anotou por terceira xornada consecutiva.

Miguel Vieira recibiu a décima tarxeta amarela e cumprirá sanción na vindeira xornada en Las Palmas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here