InicioDeportesTito Díaz subliña que o Breogán debe "partir da defensa"

Tito Díaz subliña que o Breogán debe “partir da defensa”

O primeiro adestrador do Cafés Candelas Breogán adiantou que Tadija Dragićević reincorporouse "aos adestramentos", "está moi animado", "vai polo bo camiño" e vailles "aportar cousas"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tito Díaz, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, opina que Unicaja Málaga, vindeiro rival este domingo no Pazo dos Deportes de Lugo ás 19:30 horas, é “un equipo con alta eficiencia ofensiva”, ten “moi bos tiradores abertos”, “abren moito o campo”, “moi bo equipo en ataque” e “teñen poderío interior”. Calificouno coma “un equipo forte, do top 5 da liga” e que “tivo unha semana para prepararse ben” porque non xogou a xornada pasada.

O técnico lucense adiantou que deben “afrontar este partido a partir da defensa” con “responsabilidad individual e colectiva, defender xuntos”, así como engadiu “pechar o rebote” e “xogar con ritmo”. “Non debemos baixar a cabeza ante parciales en contra”, lembrou.

Tito Díaz respondeu que “o equipo está mellor cada día en varios aspectos”. Adiantou que Tadija Dragićević reincorporouse “aos adestramentos”, así como Aleksandar Cvetković e Salva Arco “están xa entrando máis en dinámica do equipo outra vez”. Sobre o ala-pivote Tadija Dragićević “é, agora mesmo, o quinto pivote”, “vai polo bo camiño”, “fáltalle un pouquiño de ritmo”, pero “está moi animado” e “vai aportar cousas”. “Podemos facer trocos en cada partido”, lembrou.

Sobre Henk Norel, comentou que “está fóra” e “traballa no ximnasio”. “Teño entendido que probablemente até a vindeira tempada non vai formar parte da plantilla”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...